Ángeles Vázquez apunta que o sector lácteo está estable e agarda un repunte

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, afirmou hoxe que o mercado do leite está "a estabilizarse" e confía en que haxa un "repunte" do prezo en orixe despois do verán, para finais de ano.

A titular de Medio Rural realizou estas declaracións durante a visita que realizou esta mañá ás instalacións da fábrica de Novafrigsa, en Lugo, en compañía do conselleiro delegado do grupo Coren, Manuel Gómez Franqueira.

"As noticias que teño non podo dicir que sexan alentadoras, pero sí son dun pequeno repunte, porque subiu a materia graxa", explicou a conselleira.

Ni este artículo, ni sus datos, ni su contenido multimedia o relacionado constituyen recomendación alguna o estrategia de inversión. Inversor Ediciones, SLU (incluyendo a sus profesionales, colaboradores y proveedores) declina cualquier responsabilidad relacionada con el uso que usted dé a los contenidos publicados por finanzas.com y/o la revista INVERSIÓN.