Economía

07 de Febrero de 2012
Estás en: Finanzas > Noticias > Economía

GALICIA.-Os bombeiros dos parques comarcais da provincia da Coruña iniciarán mañá mobilizacións pola negociación do convenio

06/03/2006 - 15:41
A CORUÑA, 6 (EUROPA PRESS).- O persoal contraincendios que presta os seus servicios nos sete parques comarcais de bombeiros da provincia da Coruña --Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Carballo, Ordes e Ribeira-- iniciarán mañá un calendario de mobilizacións pola negociación do convenio colectivo, que afecta a uns 130 traballadores.

Según informou hoxe o comité de empresa, que acordou o calendario de mobilizacións nunha reunión celebrada o pasado xoves en Ordes, as diferencias son neste momento "insalvables" en cuestións que afectan ao horario de traballo, ás retribucións e á formación.

No caso do horario de traballo, o comité argumenta que estes parques, abertos as 24 horas durante todos os días do ano, contan cun cadrante horario para as quendas de traballo no que non figura a posibilidade de ter máis de sete dias seguidos de vacacións.

En canto as retribucións, cifra en 800 euros ao mes o salario neto dun bombeiro, mentras que os xefes da quenda cobran uns 20 euros máis. O comité denuncia tamén a "escasa programación" de accións formativas e asegura que esto provoca que os traballadores teñan que asistir "fora das horas de traballo e costeados co seu baixo salario, a cursos que melloran a sua capacitacion profesional, realizados por outras organizacions", engade nun comunicado.

As protestas, que consistirán en concentracións entre as 11.00 e as 13.00 horas, comenzarán mañá ante a sede de Veicar S.L no municipio coruñés de Oleiros, e continuarán o xoves, día 9, no parque de Ribeira e o vindeiro 15 de marzo no parque de Arzúa. As mobilizacións faranse tamén o 22 de marzo no parque de Betanzos e 29 de marzo de novo ante a sede de Veicar.

O comité de empresa ten preparado a convocatoria de xornadas de folga para distintos dias do mes de abril, aínda que no seu comunicado asegura que agarda que durante este mes a empresa presente unha nova oferta para negociar.

| 06/Mar/2006 16:41:32 (EUROPA PRESS) 03/06/16-41/06 "








Un chollazo

Los ingresos de los ex presidentes del Gobierno

La mayor parte de los exmandatarios de todo el mundo aumentan considerablemente sus ingresos tras...




Vocento
SarenetRSS

Portales temáticos