O BNG califica de "vergonzoso" o desmantelamento da Fábrica de Tabacos da Coruña
Nun comunicado, o voceiro do BNG no Concello da Coruña, Henrique Tello, asegura que é tamén "a expresión da incapacidade e a incompetencia da clase política galega para defender a súa riqueza e manter os postos de traballo".
Considera que desde o primer momento Altadis contou coa "complicidade" da Xunta e do alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, "xa que a decisión de pechar a Fábrica estaba decidida desde o momento da súa compra".
CRITICAS A VAZQUEZ
Tello denuncia "o desemparo e abandono" dos traballadores no momento da súa marcha "en contraposición co uso sentimental e electoralista que o alcalde ten feito noutras ocasións das cigarreiras bailando nas súas festas".
O voceiro municipal critica que Francisco Vázquez non estivera onte na Fábrica, coincidindo coa marcha dos empregados prexubilados. Considera tamén que a xuntanza entre o alcalde coruñés, o presidente da Xunta, Manuel Fraga e directivos de Altadis "foi un mero paripé para encubrir a infamia que se estaba a perpetrar".
Asemade, sinala que o abandono da Fábrica de Tabacos servirá en breve "como coartada para xustificar a recalificación urbanística dos terreos". | 16-Jul-2002 17:14:07
(EUROPA PRESS) 07/16/17-14/02 "

1.79%























