1. Noticias
  2. Reportajes
  3. Entrevistas
  4. Opinión

Economía

09 de Julio de 2008
Estás en: Finanzas > Noticias > Economía

GALICIA.-O BNG califica de "vergonzoso" o desmantelamento da Fábrica de Tabacos da Coruña

16/07/2002 - 14:59
A CORUÑA, 16 (EUROPA PRESS).- O Grupo Municipal do BNG reiterou hoxe a súas críticas polo desmantelamento da Fábrica de Tabacos da Coruña, despois da prexubilación da metade da plantilla como paso previo ó seu peche. Para o BNG, o desmantelamento é "vergonzoso" e unha "agresión" contra o tecido productivo coruñés.

Nun comunicado, o voceiro do BNG no Concello da Coruña, Henrique Tello, asegura que é tamén "a expresión da incapacidade e a incompetencia da clase política galega para defender a súa riqueza e manter os postos de traballo".

Considera que desde o primer momento Altadis contou coa "complicidade" da Xunta e do alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, "xa que a decisión de pechar a Fábrica estaba decidida desde o momento da súa compra".

CRITICAS A VAZQUEZ

Tello denuncia "o desemparo e abandono" dos traballadores no momento da súa marcha "en contraposición co uso sentimental e electoralista que o alcalde ten feito noutras ocasións das cigarreiras bailando nas súas festas".

O voceiro municipal critica que Francisco Vázquez non estivera onte na Fábrica, coincidindo coa marcha dos empregados prexubilados. Considera tamén que a xuntanza entre o alcalde coruñés, o presidente da Xunta, Manuel Fraga e directivos de Altadis "foi un mero paripé para encubrir a infamia que se estaba a perpetrar".

Asemade, sinala que o abandono da Fábrica de Tabacos servirá en breve "como coartada para xustificar a recalificación urbanística dos terreos". | 16-Jul-2002 17:11:29

(EUROPA PRESS GALICIA) 07/16/17-11/02 "






  

Soy suscriptor de Mi cartera de inversión.

Regístrate | ¿Has olvidado tu contraseña?


Documento sin título
El arte no entiende de crisis
1 de 10
subasta en christie´s

El arte no entiende de crisis

Récord de un dibujo de Goya al venderse por 2,86 millones de euros
Récord de un dibujo de Goya al venderse por 2,86 millones de eurosLos Super Aguri, a subastaLos solter@s más codiciados


Vocento
SarenetRSS

Personaliza finanzas.com con la información de:

Portales temáticos